sábado, 19 de noviembre de 2022

ACTUACIÓNS E CELEBRACIÓNS

 Boas familias!

A finais de outubro e ao longo deste mes de novembro, tivemos varias actuacións e celebracións moi interesantes e divertidas.

A primeira actuación case coincidiu co Día das Bibliotecas, que se celebrou o pasado 24 de outubro, e que, a parte do xa tradicional apadrinamento lector, no cal os/as maiores lenlle un conto aos máis pequenos/as, no noso cole, grazas ás compis do Equipo de biblioteca, fixeron unha actividade xenial que gustou moitísimo.

A primeira actuación foi a da cantautora de Arzúa, MJ Pérez.


Día das Bibliotecas:






A finais de outubro, o ANPA volveu a organizar a acctividade da esfolla, esta vez fixeron unha boneca coas follas do millo. E, aproveitando a ocasión, o Equipo de Infantil xunto coas nenas e nenos, fixeron unha exposición interesantísima e moi bonita sobre este cereal.






Xa a última semana de outubro foi a celebración do Samaín e a exposición de "Arte no outono", onde todas e todos demostráchedes ser unhas e uns verdadeiras artistas.





E neste mes de novembro tivemos a celebración do Magosto coa actuación do Home Orquestra. E o pasado luns vennos a visitar Jose Manuel Barroso, un veciño de Pontedeume que, a causa dun accidente quedou nunha cadeira de rodas. Vennos a contar as súa experiencia e vivenzas dando todo un exemplo de superación e de integración. A charla foi moi interesante e instructiva. As pequenas e pequenos estiveron moi atentas/os e pasárono xenial probando as distintas cadeiras de rodas que trouxo (bicicleta adaptada, atletismo e baloncesto). E tamén trouxo o seu coche adaptado para que viran como tamén pode conducir.







No hay comentarios:

Publicar un comentario