sábado, 7 de enero de 2023

ACTUACIÓNS E CELEBRACIÓNS FIN DE TRIMESTRE

Día contra a violencia. 

O pasado 25 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero. Cada nena e neno escribiu unha palabra que para ela/el fose representativa.



Contacontos: O mércores 14 de decembro, ven unha contacontos pontevedresa da asociación euroeume a cal nos estivo falando sobre algúns dos países que percorreu, en concreto da súa última viaxe, ao país de Nicaragua. Aquí algunhas fotiños dese día.




Mago: O mércores 21 de decembro ven o mago carballés Álex Louzao e pasámolo súper ben co seu espectáculo de maxia, estivo xenial!!




E o xoves 22 de decembro tivemos a entrega dos alimentos que tan xenerosamente trouxéchedes ao centro para entregarlles ao banco de alimentos da Coruña. Leo, Aroa e finalmente Arixa dixeron un pequeniño discurso de agradecemento aos voluntarios e voluntarias de parte de todo o cole.
Despois tivemos o noso particular sorteo da lotería, onde na nosa clase tocuoulle a Lizig, e por último vimos o vídeo de felicitación destas festas que fixo o profe de música Gonzalo.

Aquí vos deixo o enlace á páxina web do cole onde está o vídeo. O resto de fotos están nos pen-drives.