domingo, 22 de mayo de 2022

MAIOS E PROGRAMA DE RADIO

 Esta semana pasada foi breve pero mooooiii completiña. 


O mércores cantamos, todo o cole, o Himno de Galicia con motivo das Letras Galegas. O xoves, grazas ao ANPA  e a empresa Brazolinda, puidemos disfrutar dunha xornada de xogos de mesa moi entretidos e orixinais. Ese mesmo día decoramos o noso Maio. E o venres lemos, todo o cole tamén, un poema sobre o Maio do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán e vimos o programa de radio, que por certo saíu xenial!

 








Perdoade que este vídeo o gravei en vertical sen querer.




















PROGRAMA DE RADIO ÉCHE ASÍ

domingo, 8 de mayo de 2022

FOTOS E VÍDEOS VARIOS E CUMPREANOS DE YOEL, ROSALÍA E DIEGO

 O martes da semana pasada unha das editoriais dos libros de texto agasallounos cun contacontos que lles gustou moito.








Este luns fixemos unha saída á praia da Magdalena co obxectivo de recoller algo de lixo polo noso proxecto de centro SITÚATE. Na praia tamén había unhas mariscadoras que estaban sacando ostras das pedras.

Fixemos unha boa camiñata, xa que despois de recoller o lixo na praia da Magdalena, fomos pola ruta de senderismo que vai ata a praia de Chamoso. Alí estivemos moi pouquiño xa que en xeral estaba bastante limpa.

Levamos o lixo ao cole, limpiouse, e despois, coa axuda da profe Nati, fixeron figuras e utensilios co lixo, imaxinación ao poder!







































































Xa para rematar Temos que felicitar de novo a Yoel, Diego e Rosalía que estiveron de cumpre este pasado mes de abril. Parabéns!!