Nesta entrada de Rutinas irei poñendo algunhas das que facemos en clase.
A primeira é un vídeo sobre as píldoras de estiramenrtos, coordinación, lateralidade... que facemos todos os días.
A segunda entrada vídeos de xogos de mans de toda a vida. O primeiro xogo-canción xa a teñen "controlada" a segunda estamos en proceso... 😅
Vídeo 3
Nesta ocasión máis ca unha rutina, foi un "robado" xa que nos sacaron unha foto no recreo. Foi este martes, día en que poden traer as cartas Pokemon, e, como facía bastante sol, algúns/has puxémonos debaixo dunha árbore á sombra.
Despois a que fixo a foto sen que se enterasen fun eu no momento da hora de ler. Están moi bonitas, a verdade.
Atar os cordóns:
Esta semana (última de outubro), mandáralles traer para o mércores uns zapatos con cordóns para practicar a atalos, xa que hai moitos/as que todavía non saben. A maioría non se lembraron de traer o calzado, pero Pablo e Leo sí, polo que estiveron practicando. E tiveron un axudante estupendo, o seu compi Diego.
Se, se, se...
Seguimos cos xogos de toda a vida (novembro 2021). Van progresando todas e todos moito, pero temos tres artistas que o están a facer xenial!
Esta semana subo un vídeo dunha das rutinas que facemos en matemáticas todos os días agás os venres. Tamén outro do xogo de palmas, posto que xa a todos e todas lle sae bastante ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario