Esta semana foi mooooiiiii completiña.
Primeiro fixemos a nosa primeira visita á nova biblioteca do cole!! Quedou chulíísima!
Gustounos moito e, de seguro iremos a miúdo para disfrutar tanto dos libros coma de tooodo o material que hai nela.
Tamén rematamos por fin as meiguiñas do Samaín, que a semana pasada non saíu moi ben a primeira e necesitamos varios intentos, e é que a técnica do origami é un chisco difícil, pero finalmente conseguírono!
Por último o venres tivemos o privilexio de acudir ao concerto da banda Gramola Gominola!! Que nerviosos/as estabamos e canto gozamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario